Sábado. 07.12.2019
El tiempo

A Festa da Pataca de Coristanco demostra potencial suficiente para ser declarada de Interese Turístico

O Desfile de tractores engalados, o gran foco de interese da Festa da Pataca de Coristanco-Foto de Lupe Blanco
O Desfile de tractores engalados, o gran foco de interese da Festa da Pataca de Coristanco-Foto de Lupe Blanco
A Festa da Pataca de Coristanco demostra potencial suficiente para ser declarada de Interese Turístico

E que mellor que facelo nun delicioso marco pataqueiro, en plena XXIX edición desta, unha das citas gastronómicas máis importantes da comarca de Bergantiños. O alcalde, Juan García, aproveitaba a Festa da Pataca de Coristanco para facer oficial a petición do Concello á Xunta para que sexa declarada Festa de Interese Turístico Galego. Parece ademais que é bo momento, tendo en conta a sintonía entre o novo goberno municipal e o da Xunta.

Así o corroboraron a conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, o director xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, José Balseiros, e o delegado territorial da Xunta na Coruña, Ovidio Rodeiro, que non quixeron faltar a esta cita clave do sector agroalimentario do país, un dos factores de desenvolvemento e impulso das economías rurais.

20190915PatacaCoristanco_1

O sentido da festa é a posta en valor do tubérculo, como son as distinticións por denominacións de orixe e por indicacións xeográficas protexidas (IXP). Tal é o caso –lembrou José Balseiros– da pataca de Galicia, que conta cunha IXP propia e precisamente o municipio de Coristanco forma parte do territorio amparado por esta indicación, salientou o director xeral.

O selo de calidade (que inclúe ademais da comarca de Bergantiños, a Terra Chá, A Mariña e a de Lemos na provincia de Lugo e a da Limia na de Ourense), facturou o pasado ano case 6 millóns de euros ao producir algo máis de 5.900 toneladas de pataca certificada. Unha cantidade froito do traballo de 74 produtores rexistrados que contan con case 300 hectáreas de superficie de produción.

Os nenos do campamento kenebec fixeron as torres de Nogueira no seu tractor
Os nenos do campamento Kenebec fixeron as torres de Nogueira no seu tractor

O programa de actos desta edición inluíu xornadas técnicas, exposición de maquinaria, obradoiro de cociña, degustacións, actuacións musicais, xogos populares… Ademais do Campamento Kenebek, unha boa ocasión para vivir de preto o mundo agrícola.

Pero o gran momento segue a ser o tradicional desfile de tractores engalanados.

Desfile de tractores da Festa da Pataca de COristanco-Fotos de Lupe Blanco3Desfile de tractores da Festa da Pataca de COristanco-Fotos de Lupe BlancoDesfile de tractores da Festa da Pataca de COristanco-Fotos de Lupe Blanco 4
O Desfile de tractores é o gran foco da festa-Fotos de Lupe Blanco

Novas relacionadas

Comentarios