sábado. 15.02.2025
El tiempo

Isabel Soutullo fai a súa Metaformose no Garabato

Isabel Soutullo pintanto ao oleo
Isabel Soutullo fai a súa Metaformose no Garabato

Este domingo 26 de xaneiro as 13:30 horas (que mellor forma de gozar da sesión vermú), o Estudo Garabato de Carballo acolle a inauguración da primeira exposición pictórica do ano 2025. Trátase de "Metamorfose" de Isabel Soutullo.

Cartel mostra Isabel Soutullo no Garabato

A artista autodicacta de Coristanco, tendente ao impresionismo, non hai moito que se estreou nas galerías. Foi Clarisa Couto, concelleira de cultura doconcello de Coristanco, a que a invitou a expoñer por primeira vez no nadal de 2018. Foi precisamente o Garabato o que lle permitiu facer unha cousa máis profesional en marzo de 2019 da man de Mon Lendoiro, e dende esa pois viñeron outras moitas exposicións, sobre todo na Costa da Morte, tanto individuáiscomo colectivas, xa que Soutullo é membro do grupo pictórico Galaesko.

A nova mostra da coristanquesa, “Metamorfose”, reflexa emoción, raiva, enfado, desconcerto, dor. En lugar de mostrar a dermis, mostra as entrañas, os músculos, os filamentos dos nervios, o sangue que mana como lava que avanza fora de control. Cando arrofía, chega a calma e aquí non pasou nada, solo o natural da natureza humana.
Despois da noite volve o día.
A pupa pasa a mariposa.
O dano vai curando, regresa a alegría.
Árbores espidas á espera da primavera que as volva a preñar de follas, flores e froitos.
Que volten as persoas que queiran por querer, amen por amar ainda que non se digan nin unha palabra.
Todas as perdas doen.

 

Máis novas

 

Comentarios