Sábado. 20.07.2019
El tiempo

Laura Mariño non será a candidata do BNG de Coristanco

Laura Mariño non será a candidata do BNG de Coristanco

laura marino bng coris Laura Mariño, voceira do BNG de Coristanco, deixa o pacto de goberno municipal

”Teño que parar e facer un punto e aparte, porque nestes momentos non podo estar ao 100% como estiven ata agora. É unha mera cuestión persoal”. Así explica Laura Mariño a súa decisión de deixar de ser a cabeza de lista da candidatura do BNG de Coristanco de cara ás eleccións do 26 de maio deste 2019. Despois de 7 anos á fronte do partido, a pesar da súa mocidade, Laura dá un paso a un lado. “Non me parece honesto poñer só a cara, e facer campaña e despois estar unha lexislatura a medias. Neste momento, prefiro centrarme noutras cousas. Hai que meter o freo que xa levo 12 anos”, explica lembrando que foi en 2007 cando formou na primeira lista, e en 2012, con só 25 anos, tomou o mando do partido.

Vai, en todo caso, nas listas, e vai en postos altos, pero sen esa dedicación que supón ser voceira e concelleira. A asemblea local do BNG fixeron todo o posible por convencela, pero o pleno coristanqués vai perder unha das poucas cabezas que pon sentido ao sainete municipal. “No persoal entedémolo pero no político non”, bromean os seus compañeiros, que agora teñen que buscar nova faciana.

O circo político coristanqués

Precisamente sobre o circo político coristanqués, recoñece que “o desgaste destes catro anos é moi grande, foron anos duros”. “Está movida a vida municipal, si, e dame moito rollo porque ao fin ao cabo ti formas parte diso, aínda que sempre esteas intentando escapar e cambialo. Dame rabia que sempre se fale de Coristanco polo que está pasando a nivel político. Coristanco merece moito máis, hai que dar outra seriedade”, apunta. “Están levando todos a temas persoais, pero non os políticos non estamos para tirarnos os tratos á cabeza, porque iso crea un ambiente supertóxico para os que estamos aí”, critica.

7 candidaturas?

Sobre as 7 posibles candidaturas que están en cernes de cara ás municipais (ademais do BNG, TEGA, PP, Marea e a lista de Pensado Plágaro están confirmadas, mentres que parece que Ciudadanos está buscando xente, o mesmo que o actual rexedor, Abraham Gerpe, para outra candidatura independiente; mentres o PSOE queda sen espazo), Laura é prudente. “Non teño seguro que ao final vaia haber tantas. Necesitas mínimo 13 por lista, e non sei onde se pode xuntar tanta xente, que está moi reacia a meterse nestes temas, e non me estrana.

Pero bueno, ela sabe perfectamente que “En Coristanco pode pasar de todo. E non queda tanto para dilucidalo".

Quédalle agora, volcarse ca familia e con esa fermosa recuperación da regueifa bergantiñá que protagoniza xunto a súa nai, Carmaría, e outras bravas veciñas de Coristanco, Carballo…

Novas relacionadas

Comentarios