Xoves. 28.03.2024
El tiempo

López Cao realizará as obras da senda peonil que unirá Carballo e Coristanco

Canteira de Lopez Cao na estrada de Buño
Canteira de Lopez Cao na estrada de Buño
López Cao realizará as obras da senda peonil que unirá Carballo e Coristanco

Durante a segunda quincena de abril comezarán as obras da senda peonil e ciclista queunisrá os Concellos de Carballo e Coristanco. Unhas obras que estarán rematadas antes de que finalice o 2021, xa que o prazo de execución é de 8 meses.

Será a empresa costeira Construcciones López Cao a que desenvolva as obras tras saír escollida no proceso de licitación, cunha oferta de 845.000 euros.

A vía, que segue o curso da AC-552, terá unha lonxitude de 2,5 km, iníciase á saída de Carballo e remata no comezo das beirarrúas de Coristanco. Prevense dous treitos actuando, tanto na marxe esquerda da estrada, como polo lado dereito. Pola marxe esquerda, serán case 1,9 km de nova senda que irán desde a saída de Carballo ata conectar coa beirarrúa existente en Montecelo, xa en Coristanco, continuando a beirarrúa ata o núcleo de Coristanco. Pola marxe dereita da estrada, habilitarase unha senda ata as inmediacións da fábrica de Calvo de aproximadamente 600 metros. Co obxectivo de darlle continuidade ao itinerario sobre o río Grande, executarase unha pequena pasarela adosada ao viaduto existente.

Mapa da senda Carballo-Coristanco

ovas relacionadas

Comentarios