Luns. 17.06.2019
El tiempo

Mala xornada para os equipos do balonmán costeiro na 1ª

Mala xornada para os equipos do balonmán costeiro na 1ª
Balonman Xallas ante o Bm Pontedeume

Só trouxo boas novas esta fin de semana o Bm. Xallas, que noutro partido de infarto venceu por un gol o Bm. Pontedeume, terceiro clasificado, nun enfrontamento clave por asegurar un dos dous primeiros que dan acceso o ascenso directo a 1ª División Autonómica.

Na 1ª, malas novas para os nosos. O Xiria caía na pista do líder, ao que ve alonxarse a 4 puntos, Ademais, a derrota do Conservas ante o 3º clasificado, o Union Financiera de Oviedo, fai que se reduza a outros 4 a marxe que ten para o play off o cadro verde.

 

1ª Estatal, xornada 17

  • Resultado: Construcciones Castro Lavadores Vigo - Calvo Xiria (29-24)
  • Calvo Xiria: Iago Gómez (p), Antonio Mato (p), Carlos Vilanova, Gabriel Castiñeiras (1), Cuco (2), Julián López, Fran Rey, Brais Puñal (1), Carlos García (4), Chimpo (9), Juan Carlos Rodríguez (5), Manuel Méndez (2), Jorge Bouzas, Alejando Calvete, Enrique Pena, Iván Amarelle.
  • Parciais cada 5min.: 2-1 / 5-4/ 8-6/ 11-8/ 14-11/ 14-13; Descanso; 17-15/ 19-16/ 22-19/ 24-19/ 27-21/ 29-24.

Era un encontro para loitar polo título, pero o Calvo Xiria pago o seu exceso de nerviosismo. Así, a velocidade transformouse en precipitación, tanto en defensa como en ataque, co que os locais foron impoñendo o seu poderío pouco a pouco e aproveitando as baixas en defensa dos verdes.

 

1ª Estatal, xornada 17

  • Resultado: Unión Financiera Base Oviedo - Bm. Camariñas (33-20)

Partido de luces e sombras. Malos inicios en cada parte lastraron o resto do encontro, xa que o cadro de Moncho Canosa tivo que ir a contracorriente desde o 4-0 inicial (17-13 ao descanso).

A boa defensa en posicional e combinación de bos ataques combinativos pedía sentido coas desastrosas pérdidas de balón que propiciaban as contras dos locais.

Outra mala saída do vestiario na 2ª metade fixo irse aos locais de 8 no minuto 41 e a partir de aí reparto de minutos aos menos habituais e xuvenís.

 

2ª Autonómica, xornada 12

  • Resultado: Balonmán Xallas - Balonmán Pontedeume (26-25)
  • Bm: Xallas: Martín (p), Jorge (p), Raúl (2), Damian (6), Marcos (2), Alex (3), Gonzalo, Daniel Trigo (3), Eloy (2), Daniel García, David, Mario, Iván, Bruno (5).

O inicio do encontro facía temer o peor, posto que o marcador arrincaba con un 1-7 en contra, que non faría máis que empeorar, ata que chegados o minuto 20, e co 2-9 no marcador, un tempo morto e un cambio no sistema defensivo xalleiro reactivou os locales, que lograron recortar distancias e meterse no partido o chegar o descanso 8-13.

No inicio da segunda parte, o papel determinante levouno a cabo a afición xalleira, posto que sabedores da importancia do partido, comezaron a animar como sólo eles saben e o equipo notouno. Co paso do tempo os xalleiros ían recortando distancias no marcador, até que chegados o minuto 20, empatouse o partido 21-21.

Nesa tesitura de locura tras remontar un partido que parecía perdido produceuse un intercambio de coles rápidos, nos que os locales superon defender a última acción en contra como habían feito xa a semana pasada, e deixar dous puntos vitais en Santa Comba que os deixan como líderes, empatados co ED Poio, tras este partido que marcaba o final da primeira volta, que se salda con once vitorias e unha única derrota.

 

Máis información

Novas relacionadas

https://quepasanacosta.gal/camarinas-postulase-para-albergar-citas-da-seleccion-espanola-de-balonman/

Comentarios