Martes. 19.11.2019
El tiempo

#muuuitoselfie, gandeiro, en Santa Comba

#muuuitoselfie, gandeiro, en Santa Comba

Orixinal o concurso fotográfico que artella o concello de Santa Comba de cara a esta Semana do Leite, que culminará o domingo 4 de marzo coa Poxa de xovencas de raza frisona.

Un concurso de “selfies” coa etiqueta #MUUUITOSELFIE, no que as protagonistas deben ser as vacas xalleiras. Esta iniciativa, froito da colaboración entre o Obradoiro de emprego “Proturismo” e a Oficina de información Xuvenil municipal, pretende difundir nas redes sociais dun modo ameno un concurso fotográfico que teña como fondo a importancia do sector gandeiro na terra do Xallas. A participación é libre e aberta e pódese participar tanto no facebook ( Santa Comba Info+) como no Instagram (@Turismoterrasdoxallas) compartindo o teu autorretrato “vacún” co hashtag #muuuitoselfie.

Os premios serán en vales de compra en establecementos concertados de Santa Comba.

Novas relacionadas

Comentarios