Venres. 29.03.2024
El tiempo

Ningún ferido no choche entre un autobús escolar e un coche en Santa Comba

Ningún ferido no choche entre un autobús escolar e un coche en Santa Comba
Ningún dos 19 rapaces e rapazas -con idades comprendidas entre os 11 e os 18 anos - resultou ferido tras colisionar o autobús no que viaxaban contra un turismo. O accidente ocorreu preto do núcleo de Santa Comba, na estrada que vai a Baio. Foi a propia condutora do autobús a que chamou ao 112 Galicia sobre as 18:40 horas para explicar o ocorrido. Os viaxeiros foron trasladados ao seu destino noutro autobús e ningún dos conductores sufriu feridas. Dende o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias do 112 informouse a Protección Civil e á Garda Civil de Tráfico.

Accidentes 2017

Fonte

Comentarios