Sábado. 27.04.2024
El tiempo

O CEIP Barrié de la Maza, exemplo de formación permanente do profesorado

O CEIP Barrié de la Maza, exemplo de formación permanente do profesorado
Imaxe dunha visita institucional ao CEIP Barrié de la Maza

Que positivo é ler que un dos 3 centros que mellor coidan a formación permanente do profesorado de toda Galicia é da nosa bisbarra. Alomenos así o considera a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria que vén de publicar a relación provisional de centros galardoados cos Premios a Proxectos de Formación Permanente do Profesorado 2017, dirixidos aos centros docentes que participaron neste tipo de plans en centros educativos públicos no curso escolar 2016/17.

O Barrié de la Maza (Santa Comba) é xunto aos CEIPs Francisco Vales Villamarín (Betanzos) e o Plurilingüe O Ramo (Fene), un dos centros galardoados. Os tres recibirán unha asignación extraordinaria de 2000€ sobre o concedido para o desenvolvemento do Plan de Formación Permanente do Profesorado.

Para a concesión dos premios valorouse o contido innovador e transferibilidade do proxecto, os recursos tecnolóxicos utilizados, o traballo multidisciplinar e en equipo, o grao de implicación da comunidade educativa, os recursos aportados á comunidade e o desenvolvemento das competencias profesionais docentes a través destes proxectos.

Fonte

  • Xunta.

Comentarios