O CIM de Santa Comba prepara o 25N cun concurso de logo e slogan


Xa comeza a resoar o 25 de novembro, o Día Internacional contra a Violencia de Xénero. O primeiro en moverse é o Concello de Santa Comba que a través da súa Concellería de Servizos Sociais, Muller e Igualdade, dirixida por Esther Espasandín Turnes, e do Centro de Información ás Mulleres, ten preparado un completo programa de actividades para a concienciación sobre a problemática da violencia de xénero.
O obxectivo é motivar á mocidade da necesidade mobilizarse e para iso promove o 1º Concurso de Logo e slogan “25NSanta Comba”, no que a poboación de 16 a 30 anos de Santa Comba poden crear o logo e a mensaxe da campaña para a conmemoración do 25N. Un xeito de utilizar o formato visual para previr, denunciar e sensibilizar sobre a violencia de xénero.