Martes. 19.03.2019
El tiempo

O concello de Santa Comba licita 5 obras por valor de máis de medio millón de euros

O concello de Santa Comba licita 5 obras por valor de máis de medio millón de euros
O concello de Santa Comba iniciou o procedemento de contratación de cinco proxectos que estaban recollidos no Plan de Obras adicional (POS adicional 2018) da Deputación. Os traballos, por máis de 500.000€, xa están en fase de licitación. A alcaldesa de Santa Comba, María Pose, destacou a importancia destes investimentos para dar resposta a distintas demandas veciñais. As mesmas son posibles grazas aos fondos resultantes das baixas aplicadas na adxudicación das obras do POS. En previsión, o goberno local xa propuxo estas actuacións. Unha parte importante deste investimento destinarase á capital do concello (402.174 euros). As melloras consisten na mellora do firme e sinalización da rúa Lugo (134.273 euros), das rúas Curros Enríquez, Gandeiros e dos Labregos (165.293 euros) e das rúas Pai Eliseo, Antonio Amigo e Poeta Añón (102.608 euros). Ademais executarase a mellora do firme nos lugares de Combarro e A Ponte de Arriba (57.144 euros) e en Barbeira (44.744 euros).
Comentarios