O goberno de Santa Comba lamenta a perda dun convenio para as brigadas contra incendios


Explica hoxe o gurpo de goberno de Santa Comba, da man da súa alcaldesa María José Pose, que “o ex rexidor de Santa Comba, o socialista José Antonio Ucha Velo, renunciou a unha brigada de prevención e defensa contra incendios forestais despois da sinatura do convenio de colaboración suscrito entre a Consellería de Medo Rural e a entidade local de Santa Comba para a participación na prevención e defensa contra incendios forestais durante os anos 2016/17/18”.
Sinala que “como consecuencia desta decisión o Concello de Santa Comba perdeu unha axuda de 27.184,62 € dos cales 15.934,62 € son para a contratación de 1 brigada de vixilancia e defensa composta por 1 xefe de equipo, 1 peón condutor e 3 peóns. 11.250 € para prevención, asi como para tarefas de desbroce que estos traballadores terían que levar a cabo para o mantemento preventivo dentro do municipio xalleiro”.
Lembra ademais que “dende que a Xunta trasladou aos concellos a competencia de prevención e defensa contra os incendios forestais, o Concello de Santa Comba sempre percibíu axudas para a contratación de 2 brigadas”. Pero agora, “esta decisión do ex rexidor perxudicará ao Concello durante os vindeiros 3 anos”.
Por iso, este ano a única brigada da que dispón este Concello iniciou a súa operatividade o 5 de agosto.
Dende o goberno actual aseguran “estar a traballar para recuperar esta segunda brigada da que sempre dispuxo o Concello”.
Fonte
- Concello de SAnta Comba.