sábado. 09.11.2024
El tiempo

O Obradoiro de Emprego Conecta 2018 inicia as súas actuacións en Dumbría

O Obradoiro de Emprego Conecta 2018 inicia as súas actuacións en Dumbría
Especialidade Limpeza Dumbria

Xa están por Dumbría os 8 alumnos é alumnas da especialidade de Limpeza de superficies e mobiliario en edificios e locais, do obradoiro dual de emprego Conecta2018, promovido polos concellos de Santa Comba, Mazaricos e Dumbría e subvencionado pola Consellería de Economía, Emprego e Industria. Acompañados polo docente, aprenden ao tempo que limpan as instalacións deportivas do Conco en Dumbría.

Os traballos a realizar inclúen limpeza de solos, paredes e teitos, limpeza de mobiliario ou limpeza de cristais seleccionando as técnicas, útiles, maquinaria e produtos mais axeitados en cada caso tendo así o alumnado a oportunidade de poñer en práctica o aprendido nas clases teóricas.

A tenente alcalde de Dumbría, María Agulleiro e a directora do Obradoiro Anabel Piñeiro visitaron a actuación para comprobar como se estaban a desenvolver as tarefas de limpeza que complementan o xa feito polo persoal de limpeza municipal.

Maria Agulleiro visitanto aos alumnos-traballadores do Obradoiro de Emprego Maria Agulleiro visitando aos alumnos-traballadores do Obradoiro de Emprego

Pola súa banda, o alumnado da especialidade de montaxe e mantemento de instalacións eléctricas de baixa tensión continúa cos traballos de instalación de equipamentos no centro de formación do concello de Santa Comba.

Novas relacionadas

https://quepasanacosta.gal/o-grado-de-integracion-laboral-nos-primeiros-meses-tralos-obradoiros-de-emprego-ronda-o-60/

Comentarios