Venres. 26.04.2024
El tiempo

Oca bendice as candelas e os panes pola Candelaria e o San Brais

Candelas na romaría do Santo Hadrián de Malpica
Oca bendice as candelas e os panes pola Candelaria e o San Brais

Xa ten todo listo o párroco Manuel Mallo para a celebración das festas da Virxe da Candelaria (o 2 de febreiro) e o San Brais (o 3), no Santuario da Virxe do Corpiño de Oca, Coristanco. Unhas festas que sempre chegan cun propósito de ano novo, e que este ano se encomendan “á superación da pandemia, a saúde dos enfermos e á protección das familias”, segundo sinala Mallo.

Non haberá verbena, pero si misas ás 13:00h e ás 19:00h. Na Candelaria bencediranse as velas para levar a casa, segundo a tradición cristiana, e no San Brais, os pans, que contan coa colaboración das Panaderias Añon, Isolina e Roiser.

Comentarios