luns. 11.11.2024
El tiempo

Os Empresarios de Santa Comba denuncian o esquecemento do Concello e reivindican o seu Camiño

Os Empresarios de Santa Comba denuncian o esquecemento do Concello e reivindican o seu Camiño
Empresarios de Santa Comna na reunion do ano pasado co ex alcalde Empresarios de Santa Comna na reunion do ano pasado co ex alcalde

Poucas veces alza a voz unha Asociación de Empresarios contra o seu Concello. Pero desta volta, e tras moito silencio Asociación de Empresarios de Santa Comba non se pode gardar o “esquecemento” que sofre por parte do Concello. Faino público tras unha reunión mantida o pasado martes coa alcaldesa, Maria Pose Rodriguez, para tratar unha serie de temas que a asociación considera vitais para que poida seguir traballando.

Un dos temas clave foi a solicitude por parte da Asociación dun informe do estado dunha subvención nominativa concedida polo Concello de Santa Comba no exercicio 2014, por importe de 5.000 €uros e destinada a “Promoción do Comercio”. Unha subvención debidamente xustificada pero que nunca se cobrou.

Segundo explican os Empresarios, “este tema dou pé a comentar o esquezemento por parte do Concello a hora de outorgar as subvencións nominativas deste ano, dado que se repartiron 81.400 €uros entre 14 entidades (asociacións na súa maioría) deixando fóra a Asociación de Empresarios e a súa labor de promoción económica”.

Aproiveitou a entidade para solicitar a modificación da Ordenanza Reguladora da Venda Ambulante do Concello de Santa Comba, para incluir a celebración de dúas feiras anuais, a Feira de Primavera, no mes de marzo (recuperando a data da antiga Feira dos Carros); e a Feira de Outono, no mes de novembro (recuperando a data da antiga Feira da Madeira na Pereira). Na proposta da Asociación de Empresarios incluiríanse ambalas dúas como “Feiras Periódicas Organizadas”, regulándose así por unha ordenanza municipal e non pola Lei de Comercio.

Tamén pediron a implicación do Concello na implantación da moeda social (Costavales) para promocionar a actividade económica, tal e como se está facendo en Paris, Barcelona e en concellos de Andalucía e Pais Vasco.

O Camiño por Santa Comba

Así mesmo, Asociación presentou no Concello unha solicitude de colaboración para a recuperación dun tramo do Camiño de Santiago que segundo fontes escritas saía de Santiago por Portomouro, pasando por Santa Comba ata Fisterra. Dende a Asociación pensan que “sería vital para o noso concello o recoñecemento administrativo desta ruta e estamos dispostos a procurar a toda a colaboración que sexa posible para recopilar a documentación necesaria que nos permita precisar o trazado desta ruta alternativa”.

Fonte

  • Empresarios de Santa Comba.

Comentarios