sábado. 03.05.2025
El tiempo

Os empresarios de Santa Comba organizan unha cea baile solidaria

Os empresarios de Santa Comba organizan unha cea baile solidaria
cea-solidaria-santa-comba Por segundo ano consecutivo, a asociación de empresarios de Santa Comba organiza a segunda edición da cea baile solidaria en beneficio dos nenos máis desfavorecidos do concello para a adquisición de material escolar, roupa deportiva,... O evento terá lugar o vindeiro sábado, 20 de febreiro, no restaurante Tío Paco das Travesas. O menú solidario ten un prezo de 20€ por persoa e consta duns aperitivos variados, un cocido, filloas, orellas, viño, refrescos, café e licores. Os interesados en asistir deben anotarse antes do día 15 de febreiro en horario de mañán  nas oficinas da asociación de empresarios de Santa Comba ou en calzados Marcapel, foto Teca, peluquería Josefa, Autoxallas, restaurante Tío Paco ou Novo Cousas do Campo. A entidade organizadora tamén recolle aportacións ou donacións para a causa e a reserva de tickets fila cero.

Comentarios