O Outono de Senda Nova segue en marcha
11:02 11/11/21
Arredor de 40 participantes se deron cita na terceira das andainas propostas dentro deste X Outono en marcha. Tocaba a Via Alcaianus polas terras de Coristanco, cun percorrido comezaba preto da Lagoa de Alcaián, zona por onde algúns historiadores consideran que pasaba o itinerario ”Per loca Marítima” que unía Braga con Astorga paralelo ao mar.
Este domingo toca viaxar pola Senda das Capelas da Laracha.