A Parcelaria de Couso permite que 275 propietarios vexan multiplicada por 4 a superficie media das súas parcelas
14:59 24/03/21
Singular acto o celebrado no Concello de Coristanco esta mañá. A Xunta facía entrega de 800 títulos de propiedade das novas parcelas (había 3.171) tras finalizar a Concentración Parcelaria da parroquia de Couso. Foron un total de 245 propietarios os que saen beneficiados trala reorganización de case 460 hectáreas de terreo, coa que vén multiplicada por 4 a superficie media de cada parcela.
Ao acto acodiron o conselleiro do Medio Rural, José González, acompañado polo delegado territorial da Xunta, Gonzalo Trenor, pola directora xeral de Desenvolvemento Rural, Inés Santé, e o alcalde, Juan Carlos García. A Xunta investiu 1,3 millóns de euros no proceso.