Poñen en marcha en Coristanco unha depuradora que levaba 3 anos abandonada

Paseniño vai recuperando o Concello de Coristanco a actividade das súas pioneiras, pero abandonadas, depuradoras. Desta volta, a Xunta facía entrega da recuperada depuradora de Portoquintáns, que necesitou dun investimento de máis de 43.000 euros, para activala, despois de que a instalación fose entregada ao Concello a comezos de 2017, pero o anterior goberno municipal non cumpriu a súa obriga de poñela en marcha
Coas obras contratadas por Augas de Galicia, actuouse na mellora da impulsión de cabeceira con bombas que dispoñen de funcionalidades preprogramadas para adaptarse automaticamente ao entorno cambiante das augas residuais.
Instaláronse, ademais, dúas novas bombas, e adaptáronse as instalacións eléctricas e autómata aos novos equipos. Posteriormente procedeuse á posta en marcha da estación depuradora
A instalación de Portaquintáns foi deseñada para sanear e depurar as augas xeradas por unha poboación equivalente a 600 habitantes.
Novas relacionadas
- Agosto 2020: O Polígono de Coristanco volve á palestra 20 anos despois
- Xullo 2020: Comezan as obras para poñer a funcionar a depuradora de Portoquintáns, entregada hai 3 anos ao Concello de Coristanco
- Xuño 2018: Denuncian que o Concello de Coristanco abandona as Depuradoras de Cereo e Valenza apenas un ano despois da súa posta en funcionamento.