Venres. 29.03.2024
El tiempo

Propoñen elaborar un Plan Estratéxico da Pataca de Coristanco, ao abeiro da IXP Pataca de Galicia

Reunion do Alcalde de Coristanco con Medio Rural
Reunion do Alcalde de Coristanco co conselleiro do Medio Rural, José González; o director xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, José Balseiros, e a directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (Agader), Inés Santé
Propoñen elaborar un Plan Estratéxico da Pataca de Coristanco, ao abeiro da IXP Pataca de Galicia

Apenas uns meses despois da súa investidura, tiña claro xa que “sería bo facer unha nova diferenciación, unha marca de garantía para a Pataca de Coristanco”.

Non a teremos aínda, e semella que o camiño que ve a Xunta é diferente, segundo concretaron nunha reunión onte o alcalde coristanqués, Juan García, con varios responsables da Xunta. O centro da reunión é “impulsar o sector da pataca a través dun Plan Estratéxico e de distintos instrumentos de mobilización de terras”. Pero sempre ao abeiro da Indicación Xeográfica Protexida “IXP Pataca de Galicia”.

A Xunta propón incluír o Grupo de Desenvolvemento Rural (GDR) Costa da Morte na elaboración do Plan Estratéxico, coa finalidade de “abordar un estudo de mercado para avaliar as distintas posibilidades existentes para darlle un pulo a este cultivo”.

Unha das medidas é ampliar a superficie desta e outras producións distintos instrumentos de mobilización de terras que terán especial implantación tras a aprobación da futura Lei de recuperación da terra agraria. Así, falouse das vantaxes que ofrecen os polígonos agroforestais, pero tamén de mecanismos como as agrupacións de xestión conxunta.

Paralelamente a Xunta anunciou que vai tramitar durante este semestre un un proxecto de tratamentos silvícolas no monte veciñal en man común Río do Sol, cun orzamento que supera os 237.000 euros. A iniciativa contempla rozas, podas -coa necesaria trituración dos restos destas operacións- e a eliminación dos pés ventureiros de acacia e eucalipto.

Igualmente a reunión tocou tamén o tema de anticipación aos lumes e prevención.

Artigos relacionados

Comentarios