Sábado. 27.04.2024
El tiempo

O PSOE de Coristanco denuncia o "uso electoralista do polígono por parte do goberno popular"

Zona do Poligono Coristanco
Zona do Poligono
O PSOE de Coristanco denuncia o "uso electoralista do polígono por parte do goberno popular"

Este luns, o alcalde de Coristanco presentaba aos empresarios os avances do polígono de Coristanco. Unha presentación que para os socialistas de Coristanco é un exemplo do “uso electoralista do polígono empresarial da Miñata por parte do Goberno local do Partido Popular”. Neste sentido o voceiro e candidato á alcaldía, José Manuel Pérez Abelenda, sinalou que ante a proximidade das eleccións do mes de maio, “casualmente, prometen nesa reunión que o polígono estará listo para 2024. É a mesma estratexia que a empregada nos comicios de 2019, cando o Partido Popular tamén anunciou o proxecto do parque industrial”, insiste o socialista, quen recorda que a día de hoxe non se iniciaron as obras.  

Para os socialistas de Coristanco, a reunión ten un fin electoralista que quedará “só nunha promesa baleira, como xa ocorreu noutras ocasións”. Pérez Abelenda insistiu que o proxecto do polígono “leva sobre a mesa máis de 20 anos, pero a día de hoxe segue sen construírse porque o Partido Popular non foi capaz de materializalo”.

Por último, os socialistas critican que na citada reunión, entre o Goberno local e o director xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo, Heriberto García Porto e a conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez Mejuto, “só invitaron a unha pequena parque do empresariado de Coristanco, excluíndo á maioría das empresas e autónomos de Coristanco”.  
“O Goberno local privou aos empresarios/as e autónomos/as da vila de coñecer os detalles deste proxecto, demostrando así a falta de transparencia e consideración cos veciños e veciñas”, engadiu.  

Mapa Poligono CORISTANCO 2023
Mapa Poligono CORISTANCO 2023

Comentarios