Venres. 29.03.2024
El tiempo

Os empresarios de Coristanco coñeceron o proxecto do Polígono

Empresarios de Coristanco
Empresarios de Coristanco coñecendo o proxecto do polígono
Os empresarios de Coristanco coñeceron o proxecto do Polígono

Este luns, unha vintena de empresarios de Coristanco puideron coñecer os detalles do Plan estruturante de ordenación do solo empresarial (PEOSE) do futuro polígono do municipio, proxectado na parroquia de Oca.

A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, subliñou a localización estratéxica da futura área industrial, proxectada no enlace entre a AC-552 e a autovía AG-55 e moi próxima ao polígono de Bértoa, en Carballo. Un polígono que nunha primeira fase acollería 20 empresas en 60.000 m2.

Nestes momentos e unha vez que o PEOSE xa está practicamente rematado, o IGVS está iniciando a tramitación do documento —que, como seguinte paso, se someterá a vindeira semana ao trámite ambiental durante un período de tres meses—, e a empresa pública Xestur encargarase de impulsar a urbanización do futuro parque.

A Conselleira lembrou as axudas para a instalación de empresas nos polígonos.

NOVAS RELACIONADAS

Comentarios