Xoves. 28.03.2024
El tiempo

O PSOE coristanqués solicita unha senda peonil para a Braña

PSOE Coristanco
O secretario provincial do PSdeG e portavoz socialista na Deputación, Bernardo Fernández, e o candidato socialista á alcaldía de Coristanco, José Manuel Pérez Abelenda, na zona afectada
O PSOE coristanqués solicita unha senda peonil para a Braña

Trala súa multitudinaria presentación, o candidato á alcaldía de Coristanco, José Manuel Pérez Abelenda, vén de solicitar á Deputación da Coruña a mellora da seguridade peonil na estrada provincial DP 1911 ao seu paso polo núcleo de A Braña, na parroquia de Erbecedo.

Pérez Abelenda explica que a zona carece de paso peonil seguro. “Trátase dunha zona con vivendas e os veciños trasládannos a necesidade de mellorar a seguridade, especialmente para os peóns”, afirmou tamén Bernardo Fernández que anunciou encargarán a redacción dun proxecto técnico para mellorar a seguridade nesta estrada provincial.

Novas relacionadas

Comentarios