O Refuxio de Verdes recibiu con entusiasmo o libro sobre o Anllóns

O pasado venres 4 de setembro, o Refuxio de Verdes acolleu unha nova presentación do libro “O río Anllóns. Arteria principal de Bergantiños”. Despois de pasar por A Laracha, Carballo ou Ponteceso, era o Concello de Coristanco o que agradecía a presentación da man de Jose Antonio Andrade e a posterior intervención dos autores Fernando Cabeza, Evaristo Domínguez, Xan Fernández e Luís Giadás.
Foi un éxito de afluencia a pesar dos controis de acceso, e os protagonistas destacaron que é unha obra cargada de historia pero tamén cunha mensaxe de futuro.
Os estantes da Biblioteca Municipal de Coristanco xa contan con varios exemplares desta obra, nos que a ben tiveron os autores deixar a súa rúbrica cunha dedicatoria especial para os lectores.
O concello de Coristanco tamén fará chegar ás Bibliotecas do CPI Alcalde Xosé Pichel, EFA Fonteboa, CEIP Bormoio Agualada, CEIP Canosa Rus e CRA Coristanco Santa Comba esta obra, con exemplares que repartirá nos vindeiros días.
Novas sobre o libro
- Agosto 2020: As presentacións á beira do Anllóns collen sona.
- Xullo 2020: Gran acollida na presentación do libro "O río Anllóns. Arteria principal de Bergantiños" en Ponteceso.
- Xuño 2020: O Instituto de Estudos Bergantiñáns presenta o seu libro "O río Anllóns”.
Artigos relacionados
- Xan Fdez. Carrera: Bergantiños, da abundancia ao abandono: