Venres. 26.04.2024
El tiempo

Santa Comba axuda a buscar traballo pola rede

Santa Comba axuda a buscar traballo pola rede
santa comba obradoiros

Co ollo posto no Entroido e na Gala Xalleiros 2015, a activa OMIC Santa Comba non perde a atención ás accións formativas, tan importantes nestes tempos de crise e paro.

Por iso, ao longo destes meses de febreiro, marzo e abril están armando unha serie de Obradoiros Formativos para todos aqueles que o desexen. Xa arrincaron co básico de “Elabora o teu CV”, e hoxe toca prepararse para unha entrevista de traballo.

O vindeiro día 20 de febreiro toca falar de cualificacións, para dar o 27 unha sesión de búsqueda de emprego pola rede a través de portais de emprego e páxinas de empresas.

Marzo arrinca adicándose á rede, e as vindeiras citas serán de novo os mesmos obradoiros, para aqueles que non puideron achegarse no mes de febreiro.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios