Santa Comba di NON
22:25 22/11/15
Este comprometido vídeo vén de realizar o Concello de Santa Comba para ir quecendo o ambiente e poder celebrar un Día contra a Violencia de Xénero ben comprometido. A cita, este mércores 25 de novembro, pero xa imos dicindo NON.
Curso de Busca de persoas
O Concello de Santa Comba acolleu esta fin de semana un curso de “Busca de persoas desaparecidas" para voluntarios de Protección Civil da provincia da Coruña.
Santa Comba foi elexida como sede pola Academia Galega de Seguridade Pública, para dar estes cursos e capacitar os alumnos para participar con exito en operativos de busca de persoas desaparecidas (organización, xestión, localización e evacuación) tanto no ámbito urbano coma no rural.
Fonte
- Concello de Santa Comba.