Venres. 29.03.2024
El tiempo

Santa Comba loita contra a violencia de xénero cun ciclo de cine

Santa Comba loita contra a violencia de xénero cun ciclo de cine
O vindeiro venres, día 10, ábrese en Santa Comba un ciclo de cine co que a asociación Arte-Sáns da Cultura pretende concienciar á sociedade sobre a problemática da violencia machista. Ademais da proxección da película "Princesas", que terá lugar ás 22 horas no salón de actos do edificio Multiusos, haberá un espazo para compartir opinións entre os asistentes sobre a evolución e posibles solucións para erradicar da sociedade a violencia contra as mulleres. O ciclo de Cine-Fórum continúa o venres 24 de novembro coa proxección de "No estás sóla Sara" (á mesma hora e no mesmo sitio). A entrada para as dúas sesións é de balde. Arte-Sáns da Cultura é unha entidade de recente creación que colabora co CIM - Centro de Información á Muller - de Santa Comba no programa de actividades que se levarán a cabo estes días co fin de concienciar aos veciños e veciñas sobre esta lacra social. Novas relacionadas Fonte

Comentarios