Sábado. 28.11.2020
El tiempo

Santa Comba mellorará o seus camiños rurais

Santa Comba mellorará o seus camiños rurais
Comitiva municipal polos caminos de Santa Comba

Tivo visita onte a alcaldesa de Santa Comba, María Pose. A delegada territorial da Xunta, Belén do Campo, visitaba Santa Comba para analizar o proxecto de acondicionamento de varios camiños rurais deste municipio, ao abeiro dos fondos do Plan marco de mellora de camiños correspondente ao exercicio 2014-2015, que este ano estará cofinanciado pola Consellería do Medio Rural e a Deputación da Coruña. Así, o concello disporá dunha achega de 119.286 euros para levar a cabo estas actuacións nos vindeiros meses.

En breve comezarán as obras para mellorar trece pistas municipais nos lugares de Guldrís, Loureiro, Recarei, Vilarmaior, Castriz, O Castro, Portochán, A Illa, Tarroal, Porto Carreiro, As Albeiras, Boimente e San Salvador. As actuacións consistirán na mellora da capa de rodadura, co arranxo de fochas, tratamento asfáltico superficial e limpeza e perfilado de noiros e cunetas. En total, traballarase sobre 9,5 quilómetros de vías.

A comitiva comprobou tamén resultado dos traballos levados a cabo a través deste plan no período 2013-2014, cando o concello recibiu outra achega de 79.470 euros. Nese caso, realizáronse labores de mantemento sobre máis de 15 quilómetros de pistas, localizadas nas parroquias de Santa Comba, Frieiro, Portocarreiro, Ser, Esmorede, Portochán, Abeleiras e Santa Sabiña.

Novas relacionadas

Fpnte

  • Concello de SAnta Comba.

comentarios