Santa Comba non para
Non para Santa Comba nesta recta final de verán. A OMIX e a OMIC seguen anunciando todas as actividades que se realizarán nas vindeiras datas, como un Summer Camp, un curso de manipulador de alimentos, ou unha Andaina Xuvenil.
Pero antes, apuntamos as actividades que levan realizadas os rapaces nestas últimas datas. Un grupo tivo unha divertida saída ao Aquapark - Cerceda mentres que os nen@s do 2° turno do campamento Xuvenil organizado polo Concello de Santa Comba están facendo as súas aventuras no campamento de Espiñeira- Boiro.
Summer Camp
Xa está listo o English Camp de Santa Comba para nenos de 3 a 5 anos. Estes son os últimos días para inscribirse no OBRADOIRO DE INGLÉS que terá lugar a vindeira semana. Poden inscribirse na Vivenda Comunitaria, tf. 981104309.
Curso de Manipulador
Amplíase o prazo para inscribirse no Curso de Manipulador de Alimentos, que inclúe unha charla de hixiene alimentaria. A cita será o 1 de setembro ás 16:00h na Casa da Cultura e poden informarse na mesma no 981 81 87 10 ou no 663 728 968.
Andaina Xuvenil
E ata Santa Comba chega o Camiño dos Faros, así que os rapaces do concello poderán facer unha ruta o vindeiro 27 de agosto, dende Santa Mariña ata o Cabo Vilán. Poden inscribirse no 663 728 968.
XVII Día da Bicicleta
O concello de Santa Comba celebrará o vindeiro domingo 31 de agosto a XVII edición do Día da Bicicleta, que se organiza desde a Oficina municipal de Deportes xalleira.
O prazo de inscrición está aberto ata o vindeiro xoves 28 de agosto. Para anotarse ou obter máis información poden contactar coa Oficina de Deportes 663 728 964 ( de 09.30h ás 13.30h).
A comitiva arrancará o domingo 31 de agosto desde as inmediacións da Casa da Cultura xalleira. As primeiras pedaladas serán polo casco urbano (rúas Alfonso Molina e Pontevedra), para continuar polo camiño do Couto ata Ser, onde haberá o primeiro avituallamento.
Logo continuarase polos lugares de Bustelo, A Bouza, Traba, Frieiro, Castriz e o encoro da Fervenza. Aquí cumprirase a metade da ruta e haberá un segundo avituallamento. Posteriormente os participante nesta xira seguirán polas ribeiras do río Xallas e pola igrexa de Castriz e continuarán por Amarelle, avenida de Mourelle, camiño da Lebre, parque empresarial, O Cataduiro, e Alón para rematar na área recreativa de Esmorode.
A cita está organizada pola Oficina de Deportes de Santa Comba. Desde o concello tamén se mobilizarán efectivos de Protección Civil e da Policía Local para o correcto transcorrer da xornada. Desde a organización recórdase que o prazo límite de inscrición é o 28 de agosto, e aconséllase o uso de casco e de bicicleta de montaña.
Máis información e inscrición
O prazo está aberto ata o 21 de agosto. Os interesad@s poden inscribirse na Oficina de Formación (Casa da Cultura de Santa Comba) 981880275-663728782.Novas relacionadas
- Santa Comba abre novos cursos de formación
- Mozos de toda Europa participan nun progama de seguridade vial en Santa Comba.