![erasmus-plus]()
Os mozos europeos que participan na iniciativa “Un camino seguro, un futuro mejor”, promovido pola asociación
San Pedro Terras de Xallas en colaboración co
concello de Santa Comba, foron recibidos na Deputación provincial coruñesa.
Ao longo desta fin de semana percorrerán varios puntos da provincia. Hoxe estarán en Santa Comba, onde terán a ocasión de departir con mozos da zona dentro das súas iniciativas de sensibilización sobre os efectos negativos do binomio alcohol-conducción.
Dentro destas accións, enmarcadas no programa comunitario Erasmus Plus, os mozos procedentes de Italia, Inglaterra, Turquía, Romanía e Portugal, farán unha visita as instalacións de
Protección Civil en Santa Comba, onde comprobarán o traballo e o material do servizo municipal de intervención rápida e recabarán información mediante conversas, fotografías e unha exposición en vídeo.