Santa Comba ten aberto o prazo de inscrición para as actividades culturais e deportivas
A concellaría de cultura de Santa Comba abriu o prazo para inscribirse nas distintas actividades municipais que se ofertan desde o concello. Entre elas, o programa de actividades deportivas para adultos.
Un ano máis o Concello de Santa Comba mantén as escolas de música de baile tradicional, música moderna, teatro e expresión corporal ou educación de adultos.Tamén se impulsan cursos e obradoiros de debuxo e pintura, clases de inglés en distintas modalidades, matemáticas, expresión escrita, animación a lectura, mecanografía e informática.
Mentres, dende a concellaría de Deportes manteñen a oferta de actividades coma o spinning, aerobic, pilates, e pilates de mañán. Este curso incorpóranse novas modalidades coma o TRX/crossfit, Zumba-Aqua, GAP, e ximnasia terapeútica.
Estas actividades teñen previsto comenzar no mes de outubro e desenvolveránse na piscina climatizada.
Inscricións
As persoas interesadas nas actividades culturais poden obter máis información, no centro municipal de cultura, chamando ao 981880275 ou por correo electrónico [email protected].
Pola súabanda, para obter máis información ou inscribirse nas actividades deportivas, poden dirixirse a Oficina municipal de Deportes (Complexo deportivo de Fontenla) ou chamando ao 981133034.
Máis información e horarios en www.santacomba.es.