Xoves. 25.04.2024
El tiempo

Unha senda para o Carrefour de Coristanco

Senda Carrefour Coristanco
Unha senda para o Carrefour de Coristanco

Presentou onte a Conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, o proxecto da nova senda peonil que acabará de unir a senda que vén de Carballo co Carrefour de Coristanco. O itinerario en Montecelo terá 800 metros e irá pola marxe esquerda da estrada AC-552. A Xunta vén de licitar as obras (ata agosto) comezarán a executarse no último trimestre do ano para que estean rematadas no verán de 2023

Senda en Agualada

Ademais, Vázquez presentou tamén outra senda en Bormoio, onde se executará o segundo treito de senda, o itinerario terá unha lonxitude de 560 metros e irá pola marxe dereita da estrada, entre Agualada e o acceso ao cemiterio de Agrilloi. Neste treito, ao seu paso polo río Calvar, ampliarase a ponte mediante un voadizo que permitirá a integración na plataforma do espazo necesario para darlle continuidade á senda nese punto.

Comentarios