40 persoas do eido da cultura manifestan o seu apoio a Xosé Antonio Andrade como candidato á alcaldía de Coristanco

Manifesto de apoio a Xosé Antonio Andrade, candidato á alcaldía do Concello de Coristanco
Os que asinamos este manifesto somos xente de diversos ámbitos profesionais con sensibilidade e conciencia democrática. Cidadáns que entendemos a política como un servizo público, que rexeitamos as prácticas corruptas e defendemos a necesidade dun compromiso colectivo respectuoso coas normas de convivencia imprescindibles para coexistir en liberdade.
Esta concepción da política como ferramenta básica para entendernos e traballar polo benestar xeral, fóra de intereses partidistas ou de enriquecemento persoal, é o motor que nos impulsa a apoiar a Xosé Antonio Andrade como candidato á Alcaldía de Coristanco de Bergantiños.
E facémolo publicamente porque estamos plenamente convencidos de que representa, coma poucos, todos eses valores humanistas e políticos que fundamentan o Sistema Democrático: honradez, honestidade, compromiso social, coherencia intelectual, capacidade de xestión, talento para a formulación de consensos e, por riba de todo, un amor inmenso por mellorar a calidade de vida da xente, o medio ambiente e a terra que nos alimenta.
ASINAN:
- SANTIAGO PAZOS IGLESIAS (SOCIÓLOGO).
- MIGUEL ANXO FERNÁN VELLO (POETA E EDITOR).
- MODESTO FRAGA MOURE (POETA).
- FERNANDA RODRÍGUEZ CAAMAÑO (SOCIÓLOGA).
- XURXO SOUTO (MÚSICO E ESCRITOR).
- XAN FRAGA (HISTORIADOR).
- RAMÓN TASENDE POMBO (LIBREIRO).
- XOSÉ IGLESIAS (MARIÑEIRO E POETA).
- OLGA RODRÍGUEZ DÍAZ (MESTRA).
- ANTONIO GARCÍA DE SEAREZ (XORNALISTA).
- NATALIA LEMA OTERO (ESCRITORA).
- ANGEL LOSADA CIDRE (GUIONISTA).
- XAN FERNÁNDEZ CARRERA (ESCRITOR E PROFESOR).
- MON LENDOIRO (ARTISTA PLÁSTICO).
- JOSÉ MATA CANEDO (XORNALISTA).
- FERNANDO CABEZA QUILES ( ESCRITOR E PROFESOR).
- CHEÍÑO DE TÓ (DISEÑADOR GRÁFICO).
- XOSÉ MANUEL VARELA VARELA (EDITOR E PROFESOR).
- LOURDES REY (DISEÑADORA GRÁFICA).
- JOSÉ ANTONIO GARCÍA CANEDO (AUXILIAR DE FARMACIA XUBILADO).
- FARRUCO GRAÑA (ESCRITOR E PROFESOR).
- CARMEN COTELO (ACTRIZ).
- ANTONIO TARACIDO (PROFESOR E ARTISTA MULTIDISCIPLINAR).
- ANTONIO FERNÁNDEZ (FOTÓGRAFO).
- SANTIAGO PICOS (PINTOR).
- MIGUEL ANXO CALVO (O’MIGHELO) (ARTISTA MULTIDISCIPLINAR).
- XABIER FRANCISCO GRAÑA (ADMINISTRATIVO).
- SILVIA TASENDE COTELO (XORNALISTA E PROFESORA).
- LUÍS RIAL RODRÍGUEZ (ADMINISTRATIVO).
- MARÍA CANEDO (ORNITÓLOGA).
- MONCHO IGLESIAS (XUBILADO).
- ANTONIO GARCÍA LOSADA (PROFESOR XUBILADO).
- MILAGROS COTELO (PINTORA).
- ANTONIO PACORET (MESTRE).
- ANTÓN RODRÍGUEZ LISTA (XUBILADO).