Venres. 26.04.2024
El tiempo

Vieiro arrinca un novo programa de prevención nos centros escolares de Carballo e Coristanco

Vieiro na escola
Vieiro arrinca un novo programa de prevención nos centros escolares de Carballo e Coristanco

Hoxe luns día 16 de xaneiro a Asociación Vieiro inicia nos IES de Carballo e no CPI de Coristanco o programa "O triángulo da saúde". Unha serie de obradoiros incluídos no Programa de Prevención Escolar, destinado ao alumnado de 1º a 4º de ESO, que será impartido por Lara Periscal Taibo (Psicóloga), Dalila Biscaíno (pedagoga), Iria Villar Cancela (educadora social) e Fany Xesto Mallo (psicóloga).

Este programa está dividido en tres bloques:

  • Acompañar: consta de 4 sesións sobre habilidades persoais e sociais. O seu obxectivo é proporcionar ao alumnado as habilidades necesarias para o desenvolvemento da súa vida diaria
  • Deas-conecta: 2 sesións que teñen como finalidade dotar aos/aos alumnos/as de coñecementos básicos para a utilización das novas tecnoloxías dunha maneira saudable e responsable.
  • Ti elixes: no que se traballan 2 sesións a través das que se pretende facilitar ao alumnado información sobre a distintas sustancias adictivas ás que os xoves podan ter acceso.


Máis novas de Vieiro

Comentarios