Novos profesionais da gandería de Irlanda visitan o EFA Fonteboa

07:49 17/10/24
Ratifica a súa boa imaxe internacional o Centro de Promoción Rural EFA Fonteboa. Faino estes días coa visita unha delegación formada por técnicos da Organización Irlandesa de Sociedades Cooperativas (ICOS) e por seis mozos e mozas cooperativistas e profesionais da gandería que viaxan a Galicia no marco do Programa de formación para granxeiros e granxeiras xóvenes de ICOS.
Da man da Asociación Galega de Cooperativas Agroalimentarias (AGACA) e ademais de visitar as instalacións da cooperativa AIRA en Taboada, o grupo estivo onte en Coristanco, onde mantiveron unha reunión con mozos e mozas profesionais xa incorporados en explotacións gandeiras, membros de cooperativas, para coñecer tanto o xeito de traballar nas granxas coma o movemento cooperativo.
Tamén houbo encontros co alumnado do Ciclo Superior de Gandería e Asistencia en Sanidade Animal, para intercambiar experiencias sobre a formación en explotacións leiteiras, e con estudantes do Centro que realizarán estadías formativas en granxas lácteas irlandesas no marco do programa Erasmus+.