Luns. 29.04.2024
El tiempo

A Xunta licitará en breve os proxectos de urbanización e expropiación do Polígono de Coristanco

Mapa do Poligono empresarial de Coristanco
Mapa do Poligono empresarial de Coristanco
A Xunta licitará en breve os proxectos de urbanización e expropiación do Polígono de Coristanco

Paseinño avanza o parque empresarial de Coristanco. Unha demanda rescatada tras 20 anos no caixón, pero que dá pasos moi pequenos. Desta volta, o director do Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS), Heriberto García, trasladou ao alcalde de Coristanco, Juan Carlos García, que o consello de administración da empresa pública Xestur autorizou recentemente a licitación de dous contratos cos que se avanza na tramitación do futuro parque empresarial da localidade.

Xestur licitará os contratos para redacción do proxecto de urbanización do parque empresarial, por máis de 96.000 euros e para a redacción do proxecto de expropiación dos bens e dereitos afectados polo esta área industrial, por preto de 76.000 euros.
Cómpre lembrar que actualmente está en tramitación o Proxecto estruturante de solo empresarial (PEOSE) deste parque, que ocupará unha superficie de máis de 173.000 metros cadrados.

Comentarios