A Xunta solta 100 troitas no río Anllóns en plena campaña
00:20 07/07/20
De foto de campaña valería perfectamente a imaxe que a conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez veu facer este uns a Coristanco. Xunto co alcalde de Coristanco, Juan García Pose, achegáronse ao couto de Verdes, para facer a solta de 100 troitas co co triplo obxectivo de preservar o ecosistema fluvial do río Anllóns, conservar esta especie piscícola pola vía da repoboación e favorecer o mantemento da práctica da pesca deportiva na zona.
Aproveitaron a visita para lembrar nos últimos 11 anos a Xunta apenas investiu 100.000€ en rehabilitacións dun lugar emblemático polo que cada tempada pasan preto de 25.000 pescadores.