Xoves. 28.03.2024
El tiempo

#13anosdoPrestige...

#13anosdoPrestige...
13 anos do Prestige

13 anos non é nada. Ou un mundo. Nada en clave de xustiza. Un mundo falando sobre a realidade social. Hoxe, 13 de novembro de 2015, cúmprense 13 anos dende que escoitabamos por primeira vez un nome que quedaría marcado a lume na nosa historia. O petroleiro Prestige sufría un serio estruendo no medio dun temporal e quedaba varado a apenas 28 millas do Cabo Fisterra. Saltaban todas as alarmas.

Quedarannos na memoria aquela semana ata o 19 de novembro de 2002, cando afundía despois dunha serie de actos de irresponsabilidade política que quedaron impunes. Cando menos despois da primeira sentenza, a pesar de que ata o Ministerio Fiscal pediu a súa revisión por considerala "ilóxica, errónea e arbitraria". Non entende a poboación que non haia un só culpable declarado despois da maior catástrofe medioambiental da historia de Galicia.

Mentres 40.000 barcos seguen pasando ao ano polo Corredor de Fisterra, nós mantemos a esperanza de que se faga xustiza, ao tempo que reiteramos o noso eterno agradecemento a todos eses voluntarios que nos cambiaron a cor.

Un concurso de agradecemento

Escaleira a lua_Nacho Porto

E valoramos a iniciativa de varias empresas da zona para agradecer a todos aqueles voluntarios que nos axudaron a saír adiante. "É posble acadar o imposible. Por exemplo que un peixe chegue a lúa", explícanos Emilio Louro, un dos seus promotores dende a entidade "Fresco y del Mar", a raíz do logo da campaña, realizado por Nacho Porto. "Neste caso foi posible que un mar morto recuperase a vida grazas a acción do voluntariado que está representado por cada un dos peldaños da escaleira que da chegado a lúa", sinala Louro.

Así, Fresco y del Mar e Radio Nordés-Cadena Ser, en colaboración con varias empresas da zona de Costa da Morte, organizan un concurso, de fotos e relatos relativos ao período de tempo no que se desenvolveron labouras de voluntariado en toda zona da Costa da Morte e que conformaron a denominada Marea Branca Solidaria. Poderán compartir en redes sociais utilizando o hastag #GrazasMareaBlancaPrestige. durante o período del 13 al 30 de noviembre

Novas relacionadas

Seguemento especial do Xuízo do Prestige

Artigos relacionados co Prestige

Fonte

Comentarios