Venres. 13.12.2019
El tiempo

14N: A Folga Xeral máis grande de Europa

14N: A Folga Xeral máis grande de Europa
Pechado por Folga Xeral

#14N, e Europa para. E QPC tamén. Hoxe o xornal decide botar o peche (esta actualización foi publicada ás 23:59h do día 13) e mañá voltará cun resumo da incidencia da Folga na Costa da Morte, onde tanto nos gusta iso do "os máis grandes de Europa".

Pero mentres repasamos os motivos que nos levan a esta folga do 14 de novembro, que pasa por ser a primeira folga xeral europea. I é que todos os sindicatos, (excepto os do funcionariado que unha vez máis se desmarcan da cidadanía) e mesmo os partidos políticos da oposición (incluído o propio PSOE) veñen adherirse á folga xeral, e hai manifestación en centos de cidades de todo estado. Agás na Costa da Morte.

A Folga do 14N é a nivel europeo

Unha folga convocada ante a complicada tesitura social, de empobrecemento da inmensa maioría da sociedade, exceptuando as clases máis altas e as eternamente rescatadas entidades financieiras. Unha folga convocada ante o continuo crecemento do paro, dos recortes, das privatizacións que deixan nun estado de alerta servizos públicos tan básicos como a sanidade ou a educación.

Unha folga que chega no medio dos movementos políticos contra os desaucios. Uns movementos que teñen que ser vistos como un verdadeiro triunfo da cidadanía, como un novo impulso para que a loita social volva ser desenvolta dende a rúa.

Folga tamén de consumo

Manual de instrucions para a folga do 14N

Pero a folga vai máis aló do mero feito de non ir traballar ou asistir a unha manifestación. O consumo é fundamental para paralizar esta extrema capitalización. E así volo deixamos comprobar neste Manual e neste simpático vídeo galego.

Manifestacións en Galicia na Folga Xeral do 14N

Lamentablemente, para exercer o noso dereito a manifestarnos teremos que saír da nosa bisbarra, pois na Costa da Morte non hai ningunha convocatoría de monilización ou concentración. Estas son as 12 vilas galegas nas que haberá movemento nas rúas:

  • A Coruña: ás 12:00 horas, desde a Praza da Palloza até a Praza de María Pita.
  • Santiago de Compostela: ás 12:00 h, desde a Praza Roxa.
  • Ribeira: ás 12:00 horas, desde a Estación de Autobuses até a Praza do Concello.
  • Vilagarcía: ás 12:00 horas, desde a Casa do Mar até a Praza Ravella.
  • Lugo: ás 12:00 horas, desde a Casa Sindical, na Ronda da Muralla, até a Praza de Santa María.
  • Pontevedra: ás 12:30 h, desde a Praza da Ferrería, até a Subdelegación do Goberno.
  • Vigo: ás 11:30 horas, desde a Praza de España, até a Praza de América.
  • Ourense: ás 12:00 horas, desde o Pavillón dos Remedios até a Subdelegación do Goberno.
  • Ferrol: ás 12:00 horas, desde a Praza do Inferniño até a Praza de Armas.
  • Burela: ás 12:00 horas, desde a Estación de Servizo Vista Alegre, até a Praza do Concello.
  • Monforte: ás 19:30 horas, desde a Praza de España até a Praza da Estación.
  • O Barco de Valdeorras: ás 12:00 horas concentración na Praza do Concello.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios