Sábado. 18.05.2024
El tiempo

15.000€ e 20 días sen traballar por unha nasa sen precinto

15.000€ e 20 días sen traballar por unha nasa sen precinto
Gardacostas-levantando-unhas-nasas-na-zona-de-Fisterra-Foto-Dario-Gomez

Hoxe chegounos unha queixa directamente do sector do mar. Unha queixa por unha multa desfasada que lle impuxeron a un barco de baixura do litoral galego. Un barco que prefire manterse no anonimato por medo a posibles represalias, pero que tamén entende que só a través das denuncias públicas, Gardacostas e a Xunta ten que empezar a recuar.

I é que o desagravio comparativo entre o trato á peixería industrial ca pesca artesanal é abraiante. "Un barco de arrastre pode chegar ao medio dunha ría e desfalcar todo canto hai por diante, grande ou pequeno, esta especie e estoutra; pero os pequenos por non ter un precinto xa nos meten unha multa de coidado", denuncia un mariñeiro.

Falamos do etiquetado das nasas ao que obriga a Xunta dende este verán co polémico Plan de Xestión do Polbo. Como medida de control, a Xunta obrigou ás embarcacións de baixura a sinalizar cun "precinto" todas as súas nasas, con todo o traballo que conleva, ademais de restrinxir aínda máis o número de nasas por tripulante e embarcación. Unha práctica, a do precinto, bastante engorrosa, e dende logo, non pensada dende propio sector, e que fai a actividade moito menos rendible. Só o feito ter que cambiar un precinto xa é toda unha aventura, dificultando o traballo enormemente.

Pois ben, cando esta embarcación estaba precisamente instalando os precintos ás súas nasas, os Gardacostas retiverono e impuxéronlle unha multa de 15.000€ e 20 días sen traballar por telos postos. Unha multa que consideran completamente desfasada para un barco de baixura, e que pode supoñer a ruina do patrón e a perda do traballo dos mariñeiros.

"Iso é coidar ao sector?", pregúntanse os mariñeiros.

"Criminalizando ao sector"

Segundo boa parte do sector, as medidas da Xunta non fan mais que "seguir criminalizando ao sector". O feito de que as medidas só vaian encamiñadas ao control e disminución de capturas, sen analizar a situación real do polbo nin buscar solucións para mellorar a produtividade da pesca de baixura, fai que o sector teña que alzar a voz unha e outra vez.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios