Venres. 26.04.2024
El tiempo

15 concellos da bisbarra aprobaron ou teñen previsto facelo a moción de Buserana por un pacto contra a Violencia de Xénero

15 concellos da bisbarra aprobaron ou teñen previsto facelo a moción de Buserana por un pacto contra a Violencia de Xénero
A asociación feminista Busera recordou cada unha das victimas nunha concentración en Cee Unha acción da asociación feminista Buserana nos pasados #25N

Xa coa atención posta no Día Internacional contra a Violencia de Xénero que se conmemora o vindeiro 25 de novembro, a Organización Feminista Buserana retoma a actualidade do “Pacto para a Loita Contra a Violencia de Xénero” que en xuño prantexaba como moción nos 18 concellos da bisbarra.

A día de hoxe os concellos que por unanimidade aprobaron a devandita moción son 9: Corcubión, Cee, Dumbría, Muxía, Mazaricos, Laxe, Carnota, Vimianzo e Coristanco. Se ben teñen previsto levalo ao pleno os concellos de Fisterra, Cabana, Muros, Carballo, Camariñas e Zas.

O seu obxectivo é “acadar un compromiso firme e unánime de todas as corporacións municipais contra a violencia de xénero, polo que pediamos a través da moción: partidas orzamentarias municipais para este fin, a coordinación cos centros educativos e cos centros de saúde para a prevención e detección de casos de maltrato e elevar ao Goberno Autonómico e Central a petición de medidas urxentes que fagan efectivo o Pacto de Estado e Autonómico contra a violencia machista”.

As Buseranas valoran positivamente esta “toma de postura activa por parte dos municipios na loita contra a violencia machista”.

Novo local

Ademais, a entidade informa de que “despois de 17 anos por fin se nos concedeu un local por parte do Concello de Cee no antigo IES Agra de Raices”. En todo caso queren agradecer á CIG que lles cedeu un espazo no seu local en Cee durante todo este tempo.

Novas relacionadas

Máis novas

Fonte

Comentarios