Martes. 15.10.2019
El tiempo

2 millóns de euros investidos polo GDR Costa da Morte no 2011

2 millóns de euros investidos polo GDR Costa da Morte no 2011
As cifras dan conta das posibilidades do Grupo de Desenvolvemento Rural. Cartos hai, e ás veces a entidade ten que ir buscar proxectos por onde os haia ante a falta de cultura emprendedora da bisbarra. Afortunadamente cada ano mellora e este ano houbo unha subida representativa con respecto ao ano pasado. O GDR Costa da Morte pecha o ano 2011 con 34 novos proxectos recibidos e con case 2 millóns de euros de investimento. Ao longo deste ano 2011 aprobáronse 18 proxectos en firme de diversas tipoloxías e modalidades, tanto productivos coma non productivos. Hai dous proxectos que actualmente se atopan aprobados en reserva, á espera de recibir fondos. A inversión certificada dos proxectos ascende a 1.840.040 euros, mentres que a subvención se sitúa nos 666.060 euros. A cifra de proxectos en trámite ascende a 18. Actualmente o GDR está á espera de recibir o Informe de Control de Elixibilidade (ICE) emitido pola Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (AGADER). Se temos en conta as cifras do pasado ano 2010, no que se contou con unha inversión certificada de 1.159.054 euros e unha subvención de 541.356 euros, o GDR leva nestes dous anos apoiando diversos proxectos que representan unha inversión de 2.999.094 euros cunha subvención que ascende a 1.207.416 euros.

Creación e consolidación de emprego

Gracias ao apoio e financiamento aos diferentes proxectos que se veñen desenvolvendo nestes dous últimos anos, téñense creado ata o de agora 16,5 novos empregos, ao mesmo tempo que se viñeron consolidando 75,67.

Variedade de proxectos

A tipoloxía dos proxectos presentados é moi variada, e inclúe tanto proxectos productivos como non productivos, é dicir, aqueles sen ánimo de lucro. Atendendo ao seu estado de execución, a desagregación é a seguinte:
  • Proxectos finalizados: Modernización e incremento da capacidade productiva dunha fábrica de pensos (Vimianzo); Telecentro (Mazaricos); Instalación de unha nova pastelería (Camariñas); nova liña de negocio de instalación de placas solares fotovoltaicas (Vimianzo); creación dun restaurante (Vimianzo); compra de maquinaria para a ampliación dunha imprenta (Muxía); ampliación de unha carpintería de madeira (Vimianzo); Modernización empresarial (Vimianzo), merca de desbrozadota e fresadora ( Vimianzo); realización de áreas de pastizais no MVMC Montecelos (Vimianzo); cociñado ao baleiro (Corcubión); Telecentro de Caberta (Muxía);
  • Proxectos aprobados en execución: Planta de primeira transformación de elaborados cárnicos (Dumbría); Telecentro en A Devesa (Vimianzo); recuperación medioambiental dos accesos ao mirador do Ézaro (Dumbría); mellora dun tramo do camiño Xacobeo e arredores (Corcubión); Telecentro municipal "Carnota en rede" (Carnota); ampliación dunha carpintería de madeira (Zas); Instalación dun novo restaurante (Camariñas); instalación de nova planta de clasificación, pesaxe e aserrado de madeira (Vimianzo); creación de Casa de Labranza (Mazaricos); creación dun Centro Social (Fisterra); rehabilitación e adaptación dun edificio para Centro Social (Vimianzo); creación de un Centro Wellnes (Fisterra); ampliación de maquinaria dunha empresa de servizos agrícolas, gandeiros e forestais (Muxía) e envasadora de leite fresca nunha explotación gandeira para a venta directa de leite (Muxía).
  • Proxectos aprobados en reserva: Ampliación dunha panadería (Vimianzo) e creación de unha panadería artesanal (Mazaricos).
  • Proxectos en trámite: Ampliación de unha carpintería de madeira (Vimianzo); modernización de panadería e pastelería (Fisterra); instalación dunha fábrica de equipos de frío industrial (Vimianzo); instalación dun taller de mantemento e reparación de equipamentos de hostalería (Camariñas); adecuación de un local para Academias de Ensinanza de formación e perfeccionamento non superior (Vimianzo); nave para a instalación, fabricación e montaxe de estacións meteorolóxicas (Vimianzo); instalación de un novo equipo de anestesia nunha clínica veterinaria (Cee); compra dun novo equipo forestal para a saca de madeira (Vimianzo); compra dun autocargador forestal (Vimianzo); adquisición de maquinaria para o servizo de recheo de cubículos gandeiros (Mazaricos); ampliación de carpintería de madeira (Zas); ampliación de panadería (Vimianzo); mellora e modernización de unha empresa agraria (Vimianzo); modernización, incorporación de novas tecnoloxías, melloras e estudos de xestión dunha cooperativa de recría en conxunto de novillas frisonas (Mazaricos); ampliación de instalacións para almacenaxe de forraxe e melloras tecnolóxicas (Mazaricos) a adquisición de un carro mesturador autopropulsado (Vimianzo); mellora medioambiental da travesía da Constitución (Corcubión) e melloras tecnolóxicas para a xestión do parque de maquinaria agrícola (Mazaricos).
  • A maiores téñense recibido 11 solicitudes máis incompletas, polas que se está agardando recibir a documentación solicitada.

Máis información

Novas relacionadas

Comentarios