25 rapaces de Bergantiños achéganse á terra na Escola Ambiental de Senda Nova
Arrincou un novo curso, o 7º, da Escola Ambiental Senda Nova- Concello de Carballo. Unha das accións formativas máis singulares de toda a Costa da Morte, que achega o entorno natural máis cercano aos seus alumnos. Son 25 as rapazas e rapaces da comarca bergantiñá que participarán cada fin de semana ata xuño nesta singular escola, que abría as portas este pasado sábado, ante u centenar de persoas.
Familiares do alumnado quixeron coñecer de primeira man as diferentes dinámicas e metodoloxías que terán lugar os sábados pola mañá ou os domingos en xornada completa e que conseguen achegar as máis pequenas/os ao patrimonio cultural, ecolóxico e paisaxístico da zona. A cita tivo ademais a visita do Mago Álex, dándolle un toque máxico á velada.
Aínda está aberto o prazo de inscrición para rapaces entre 8 e 12 anos, para gozar da natureza, aprender xogando, e coñecer mellor o teu entorno, a través do teléfono 611037614 ou no correo [email protected].