4 asociacións sen ánimo de lucro reciben axudas da Deputación para as súas actividades

13:53 10/09/20
A Deputación vén de aprobar unha liña de axudas para entidades sen fins de lucro da provincia. Son 60 as entidades financiadas, das que temos 4 da Costa da Morte. Dos case 800.000€ de investimento, 50.000 recaen nas entidades costeiras.
Unhas axudas para o mantemento de programas e servizos en materia de servizos sociais para o ano 2020.
Axudas
Entidade | Obxecto | Importe axuda | |
ALOUMIÑOS ASOCIACION DE PERSOAS CON NECESIDADES ESPECIFICAS DA COSTA DA MORTE | Tratamentos de rehabilitación. -” INTERVENCION ASISTIDA CON ANIMAIS (IAA)” | 3.432,00 € | |
ASOCIACION ANTIDROGA VIEIRO DE CARBALLO | Programas de apoio ás familias e para prevención no colectivo de menores e mocidade que se desenvolvan en colaboración cos centros de atención a persoas con drogodependencias. PROGRAMA PREVENCION DE CONDUTAS ADITIVAS EN MOZOS/AS. ODISEA | 7.687,27 € | |
ASOCIACION DISCAPACITADOS BISBARRA DE MUROS | TRATAMENTOS DE REHABILITACION. “PROGRAMA DE REHABILITACIÓN” | 20.000,00 € | |
MISELA (ASOC.PERS.DISC.COMARCA NOIA-MUROS) | Tratamentos de rehabilitación. “Programa de Promoción da Autonomía Persoal” | 20.000,00 |