Sábado. 21.09.2024
El tiempo

40 desempregados aproveitan as pioneiras instalacións do Forum Carballo

40 desempregados aproveitan as pioneiras instalacións do Forum Carballo
Curso de ADF de electricidade en Carballo

Falamos da pioneira oferta de formación audiovisual carballesa, pero non é a única materia na que destaca a capital de Bergantiños. Xa vimos o programa dos 4 “Accións Formativas para Desempregado” (AFD) en cociña, restaurante, soldadura e electricidade. Cursos que se imparten no O edificio dos 100 actos, un Forum Carballo con instalacións únicas en toda España.

De feito, o pasado mes, no marco da LacoNNetwork, a vangarda tecnolóxica galega quedaba abraiada polo singular soldador virtual, unha ferramenta sen igual en toda a península a día de hoxe, segundo nos contaba o responsable da súa instalación.
Unha xuntanza, esa Laconnetwork, para a que foi a propia Escola de Hostelería a que preparou o categring, por certo.

40 desempregados en prácticas

Alumnos en Electricidade no Forum Carballo

Xa están na segunda fase as catro Accións Formativas para Desempregados (AFD). Os alumnos xa comezaron as prácticas en empresas. Os primeiros en tomar contacto co mundo laboral foron os de servizos de restaurante e os de operacións auxiliares de montaxe de instalacións electrotécnicas e de telecomunicacións en edificios, que se incorporaron onte. Os seguintes serán os de cociña, a partir do día 19, e os de soldadura oxigás e soldadura mig mag farano a partir do 25. En total son 41, xa que ás prácticas só pode acudir o alumnado que supere satisfactoriamente o resto dos módulos formativos.

Os 11 alumnos e alumnas que realizarán as estadías de servizos de restaurante, cunha duración total de 80 horas, repártense entre o restaurante Pementa Rosa, Baños Vellos, Raxería Río Sil, Punta del Este, Kasa Klandestino, Casa Ofelia, Mesón do Pulpo, Café bar Chipén e Cafetería Pazo da Cultura. O curso, que rematará o 4 de decembro, constou de 618 horas lectivas, durante as cales os asistentes aprenderon a desenvolver e montar todo tipo de servizos de alimentos e bebidas en restaurante e a preparar elaboracións culinarias á vista do comensal, ademais de atención ao cliente ou nocións básicas de inglés.

Instaladores

Despois de superar o resto dos módulos formativos, os nove desempregados formados en operacións auxiliares de montaxe de instalacións electrotécnicas e de telecomunicación de edificios fan 80 horas de prácticas, que empezaron onte, nas empresas Juan Manuel Chans Paredes, Novolux Electricidade, Ifecgas Pereira, Electricidade Rafael, Sat Breogán e Suelnor. O curso comezou o 1 de agosto e rematará o 5 de decembro para completar as 458 horas totais.

Os de cociña

Escola de Hosteleria no Forum Carballo

Os 12 alumnos e alumnas de cociña que iniciarán as súas 80 horas de prácticas o día 19 terán os seus destinos no Restaurante Pementa Rosa, Raxería Río Sil, Mesón do Pulpo, Punta del Este, Kasa Klandestino, Casa Ofelia, Balneario de Carballo e Serunión Servicios, que xestiona comedores colectivos. O curso de cociña é o máis longo, cun total de 848 horas lectivas nas que os participantes aprenderon a pre-elaborar, preparar, presentar e conservar todo tipo de alimentos, así coma a definir ofertas gastronómicas. O último día para eles será o 11 de decembro.

Soldadura

Forum-Carballo-Soldador-virtual

O día 5 tamén se despedirán os alumnos de soldadura, pero antes os nove que superaron o resto dos módulos farán 40 horas de prácticas en Maquinaria Agrícola Cancela, López Corte e Plegados, Metalber, Carrocera Castrosua e Fresno Metal, onde poderán poñer en práctica os coñecementos adquiridos durante as 678 horas lectivas en soldadura e proxeccións térmicas con oxigás, soldaduras mig mag e proxeccións térmicas con arco.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios