Mércores. 16.10.2024
El tiempo

400 alumn@s disfrutan do mar dende as aulas

Xogando co Vento-Vela escolar en Corcubion
O programa na ría de Corcubión
400 alumn@s disfrutan do mar dende as aulas

A un mes do remate de curso, o programa “O mar na escola. Xogando co Vento” chega ao seu ecuador. Trátase da 19ª edición deste marabilloso proxecto que permite inserir a realidade da contorna, o mar, a través da vela, no currículo escolar de 400 rapaces e rapazas de 13 centros de ensino da Costa da Morte.

O programa arrinca nas aulas, realizando as sesións teóricas previas nos Centros escolares, “A vida no mar, o seu coidado e conservación” e “A acuicultura que é”. Citas que lles serve para facer unha máis acertada observación da nosa contorna antes de saír a navegar, axudarlles a entender as mareas, as correntes e o Vento, así como os elementos de medición das mesmas.

De seguido saen ao mar, con kayaks e barcos de vela lixeira. Ademais, no barco escola aprenden sobre a importancia do traballo en equipo e teñen a oportunidade de practicar manobras nos distintos postos de abordo (timón, foque, maior, facer banda).

O centros participantes son:

  • Cee: Colexio Manuela Rial Mouzo e CEIP Eugenio Lopez.
  • Dumbría: CEIP Santa Eulalia.
  • Fisterra: CEIP Mar de Fóra, CEIP Areouta e Colexio Na Sa do Carmen.
  • Corcubión: CEIP Praia de Quenxe.
  • Carnota: CEIP do Pindo, CEIP de Carnota.
  • Muxía: IES Ramón Caamaño.

Nos mes de xuño, tocaralle disfrutar do mar ao alumnado dos centros de Muxía (CEIP Virxe da Barca, CEIP Os Muiños e CEIP Villarmide).

Debuxo

O alumnos ultiman os detalles para a entrega dos debuxos para o IV Concurso de Debuxo Stolt Sra Farm “A crianza do rodaballo”, xa que o prazo finaliza a finais de Maio. En xuño notificásese vía email a todos os centros escolares participantes cal foi o debuxo escolleito como ganador.

Novas relacionadas

Comentarios