Venres. 19.04.2024
El tiempo

As 41 enmendas relativas á Costa da Morte que o BNG presenta aos Orzamentos da Xunta 2021

foto Daniel Pérez
O deputado do BNG Daniel Pérez nunha comisión parlamentaria
As 41 enmendas relativas á Costa da Morte que o BNG presenta aos Orzamentos da Xunta 2021

O mes pasado xa amosaban o seu rexeitamento aos Orzamentos que o goberno popular presentaba para o 2021. Onte, o BNG concretaba ese rexeitamento con 41 enmendas, 41 propostas que considera “básicas”, que son “reivindicacións históricas” da nosa comarca.

Foi o deputado Daniel Pérez, acompañado polo alcalde de Carballo, Evencio Ferrero, e polo responsábel comarcal do BNG na Costa da Morte, Serxio Domínguez, ps que presentaron as seguintes enmendas no Parlamento:

  • Proxecto e inicio da ampliación do polígono industrial de Bértoa (Carballo).
  • Ciclo Integral da Auga. Saneamento e abastecemento no litoral de Carballo.
  • Proxecto de circunvalación do núcleo da Laracha.
  • Proxecto circunvalación do núcleo de Paiosaco.
  • Proxecto para aumentar a seguridade nas comportas do porto de Malpica.
  • Proxecto ampliación do dique do porto de Malpica.
  • Promoción “Buño-Vila Oleira”.
  • Proxecto de saneamento integral do concello de Laxe.
  • Proxecto de continuación da obra do porto de Laxe.
  • Proxecto da área de autocaravanas de Laxe.
  • Execución das beirarrúas dos núcleos de Soesto a Serantes.
  • Proxecto de dragaxe e limpeza integral da Lagoa de Traba.
  • Proxecto Ruta de Turismo Mineiro.
  • Proxecto dos Penedos de Traba e Pasarela.
  • Plan de medidas de reactivación económica, industrial e de emprego da Costa da Morte.
  • Remate da autovía da Costa da Morte.
  • Saneamento integral da ría de Corcubión.
  • Saneamento integral da ría de Muxía e Camariñas.
  • Mellora das estacións de bombeo e colectores da rede de saneamento.
  • Mellora da rede de saneamento de augas no rural de Muxía, colectores e na estación depuradora.
  • Mellora da rede de saneamento e abastecemento de augas no rural de Camariñas.
  • Mellora da rede de saneamento e abastecemento de augas no rural de Vimianzo.
  • Saneamento de Lariño (Carnota) 1ª Fase.
  • Acceso ao porto de Brens.
  • Dotación sistemas para operatividade heliporto de Ruibo.
  • Dotación do porto de Brens de base e equipamento de loita contra a contaminación mariña.
  • Seguridade viaria e melloras de acondicionamento e dotación servizos das estrada AC 550, AC-552, AC 445, AC441, AC440, AC432.
  • Mellora dos recursos materiais e persoal do Hospital da Virxe da Xunqueira para acurtar tempos de espera intervencións.
  • Construción do centro de saúde de Fisterra.
  • Elaboración do Plan de Prevención de Lumes dos concellos da Costa da Morte.
  • Posta en marcha do Plan Director do Cabo Fisterra.
  • Elaboración Plan Director do Cabo Touriñán.
  • Restauración e conservación da capela do Bo Suceso e restauración do retablo da igrexa de Santa María das Areas.
  • Reapertura do centro de expedición de mariscos da lonxa de Fisterra e promoción dos seus produtos.
  • Proxecto e execución do porto deportivo de Fisterra.
  • Proxecto e execución do porto mixto deportivo de Corcubión.
  • Dotación e equipamento do centro de día de Corcubión.
  • Construción dun centro de día no solar do actual centro de saúde, e que pode compartir, dando dúas plantas de altura, co centro médico de Cee.
  • Construción dun novo centro de saúde no solar que o existente ocupa, e que pode compartir, dando dúas plantas de altura, cun centro de día de Cee.
  • Melloras no colexio público Eugenio López de Cee.
  • Inclusión, homologación e delimitación do Camiño de Santiago a Muxía por Brandomil. Dotación orzamentaria para o acondicionamento vial do treito Brandomil-Muxía, para garantir a seguridade da peregrinación a pé, a cabalo e de bicicleta.
  • Rexeneración do paseo fluvial de Cereixo, posta en valor do porto de Cereixo como porto Xacobeo e núcleo de identidade litoral. Saneamento integral do val de Carnés e Cereixo eliminando puntos de vertido á ría de Cereixo.
  • Creación dun centro de saúde en Baíñas.
  • Licitación e execución da primeira fase da prolongación da autovía da Costa da Morte. Treito Santa Irene - AC-432.
 

Novas sobre os Orzamentos da Xunta 2021

Comentarios