Sábado. 11.07.2020
El tiempo

600 insercións e 290 empresas/autónomos beneficiados en tres anos: as cifras do PEL

600 insercións e 290 empresas/autónomos beneficiados en tres anos: as cifras do PEL

Fixo balance o presidente da Deputación, Valentín González Formoso, da implatanción do Plan de Emprego Local (PEL) de 2017 a 2019. Un plan enfocado a “crear emprego e consolidar e modernizar o tecido empresarial da provincia”, que en breve terá unha nova convocatoria aberta.

As axudas directas ao emprego do PEL articúlanse fundamentalmente a través de dúas liñas: PEL-Concellos, que financia a contratación de arredor de 500 persoas cada ano nos concellos coruñeses de menos de 20.000 habitantes da provincia; e PEL-Pemes, que subvenciona ás pequenas empresas e autonómos ata o 75% do salario das novas contratacións.

Na Costa da Morte, as cifras destes 3 anos de programa son as seguintes:s/p>

  • 601 incorporacións ao mercado laboral.
  • 290 pequenas empresas e autónomos da zona beneficiadas.

 

RESUME DA ACTIVIDADE DO PEL NOS CONCELLOS DA COMARCA (2017-2019)

CONCELLOS

TOTALES

 
 

SUBVENCIONES CONCEDIDAS

IMPORTES CONCEDIDOS

CONTRATACIÓNS

 

Cabana de Bergantiños

19

311.709,34 €

47

 

Camariñas

23

389.048,45 €

41

 

Carballo

14

53.250,71 €

0*

 

Cee

44

657.422,76 €

80

 

Cerceda

14

252.694,63 €

30

 

Corcubión

14

205.628,99 €

18

 

Coristanco

2

98.000,00 €

18

 

Dumbría

13

217.487,30 €

35

 

Fisterra

17

324.482,43 €

32

 

Laracha (A)

9

228.545,03 €

45

 

Laxe

14

257.746,58 €

30

 

Malpica de Bergantiños

8

201.656,00 €

54

 

Muxía

11

207.954,94 €

63

 

Ponteceso

13

237.043,33 €

24

 

Vimianzo

33

439.528,14 €

35

 

Zas

42

534.406,40 €

49

 

TOTAL

290

4.616.605,03 €

601

 

 

comentarios