mércores. 13.11.2024
El tiempo

8 colectivos constitúen a Coordinadora Bergantiñá pola Defensa da Terra contra a “pandemia eólica”

Coordinadora Bergantina pola Defensa da Terra
8 colectivos constitúen a Coordinadora Bergantiñá pola Defensa da Terra contra a “pandemia eólica”

A ”pandemia eólica” que está coñecendo a Costa da Morte nas últimas semanas está a provocar un efecto de unión entre os colectivos e asociacións máis comprometidos coa defensa do medio ambiente. Ata o punto de que 8 deses colectivos veñen de constituíur a Coordinadora Bergantiñá pola Defensa da Terra.

Os colectivos que queren formar esta “ferramenta de mobilización social contra os proxectos destrutivos e especulativos que atropelan os dereitos básicos da nosa veciñanza” son:

  • Plataforma pola Defensa de Corcoesto e Bergantiños.
  • Plataforma Monte Neme.
  • Contramínate.
  • Asociación Ambiental Petón do Lobo.
  • Asociación Ambiental Senda Nova.
  • Plataforma Non Eólicos Bustelo-Campelo–Monte Toural.
  • Comunidade de Montes Veciñais en Man Común Monte Neme de Oza.
  • Colectivo Veciñal Xente do Rural de Corme.

A finalidade é clara: “agrupar e coordinar un movemento que poida dar unha resposta por parte da sociedade civil a certos macroproxectos que afectan gravemente a vida social e económica dos veciños, así como ao medio onde viven”.

De primeiras unen forzas para realizar “a identificación, estudo e avaliación dos problemas ambientais e socioeconómicos derivados da implantación masiva de parques eólicos na Comarca de Bergantiños. Estes parques eólicos proxectados por toda a comarca, afectarán gravemente ao territorio, provocando danos irreversibles, creando grandes impactos tanto paisaxísticos como sociais na veciñanza bergantiñá”.

Levarán a cabo as súas accións cunha arma esquecida polas administracións: a información. Fomentarán entre a sociedade “outro modelo de fomento de enerxías renovables onde prime máis o micro que o macro, o interese social antes que o lucro das grandes multinacionais, atendendo a unhas necesidades reais produtivas e non especulativas, todo baixo un estrito respecto ao medio ambiente”.

Novas sobre os eólicos

Comentarios