xoves. 07.11.2024
El tiempo

90 quilos de marisco e un vehículo incautados en Corcubión

90 quilos de marisco e un vehículo incautados en Corcubión

Seguen as accións contra o furtivismo na Costa da Morte, malia que botamos de menos que foran máis costantes e rigorosas. A pasada madrugada do venres, Axentes do Servizo de Gardacostas de Galicia, dependente da da Consellería do Mar, en colaboración con axentes da Garda Civil de Corcubión, realizaron un operativo conxunto en Corcubión que se saldou incautación de dun vehículo e tres traxes de neopreno e co comiso de 87,5 quilos de ameixa e berberecho.

Os axentes identificaron aos tres ocupantes do vehículo – un Renault Laguna- que transportaba o marisco extraído ilegalmente, pola noite, na praia da Concha e requisáronlles os traxes de neopreno. Logo, procederon a resembrar a ameixa xapónica e o berberecho na zona.

A Consellería do Mar aproveita para facer un chamamento á cidadanía para que no adquira peixe e marisco fóra de los cauces legais, xa que só o produto que se extrae e comercializa segundo o establecido legalmente é óptimo para o consumo.

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa da Garda Civil.

Comentarios