Venres. 19.04.2024
El tiempo

A APTCM cifra a ocupación media nun 40% ao longo de 2010

A APTCM cifra a ocupación media nun 40% ao longo de 2010
Fixo balance nas últimas horas a Asociación de Profesionais do Turismo da Costa da Morte, sobre a ocupación media na Costa da Morte durante o ano 2010. Un balance que arroxa uns datos dun 40% de ocupación media, unha cifra que, en verbas da asociación, supón a porcentaxe mínima de rendabilidade dun establecemento turísitico. Dentro do sector hai matices, xa que hoteis e hostais rexistraron unha ocupación superior que as casa de turismo rural, un feito que dende APTCM relacionan con descontos e promocións a grupos. Os tres meses de verán e a semana santa foron os periodos de maior ocupación, con picos de ata o 75% da ocupación. Dende a Asociación sacan en conclusión que o obxectivo en materia turística na Costa da Morte baséase na desestacionalización (!!!) de xeito que as fins de semanas convírtanse en tempada alta. En canto á comparativa co ano 2009, a Costa non notou o incremento do doce por cento en Galicia co gallo do ano santo. Tan só notaron algunha mellora as casas de turismo rural. O dato positivo veu da man da oficina de APTCM, sita no porto de Corcubión, i é que aquí si que se notou o incremento de visitantes con respecto ao ano anterior, con máis de once mil visitantes e case catorce puntos máis que no anterior periodo. O setenta por cento das visitas producíronse nos meses de verán.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios